Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
O patriarca dos Seivane cumpre 90 anos!

07 de febreiro 2011

Xosé Manuel Seivane Rivas cumpre 90 anos o vindeiro 9 de febreiro. Con motivo do seu aniversario, o Obradoiro de Gaitas Seivane celebrará unha gran festa que terá lugar o sábado 12 de febreiro, ás 17:00 horas, nas instalacións do Obradoiro, en Cambre, A Coruña.

Pasaron xa máis de 70 anos dende que Xosé Manuel Seivane Rivas construíra a súa primeira gaita co selo Seivane, cumprindo así o seu soño de neno de construir o seu propio instrumento. Polo que leva adicando toda a súa vida á música tradicional galega, sendo un referente na construción, transmisión e difusión da nosa cultura.

Dende aquí, o Obradoiro de Gaitas Seivane quere renderlle un pequeno tributo en agradecemento polo seu labor durante estas décadas. Reuniránse toda a familia e amigos, arroupando co seu agarimo e admiración ao inicidador desta saga de artesáns e músicos que xa conta coa súa cuarta xeración.

¡Haberá moita música e a festa está asegurada!
¡Estades todos convidados, non podedes faltar!


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es