Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
Un bo e xeneroso

19 de marzo 2012

A punto de cumprir os 91 anos, o pasado mes de xaneiro faleceu o noso patriarca en Cambre. Así o nomearon os medios de comunicación: “O petrucio dos gaiteiros galegos, o mestre do son tradicional” (El Progreso), “o iniciador das mellores sagas de artesáns da gaita” (El Ideal Gallego)... Recibimos multitude de mensaxes de cariño, apoio e recoñecemento. Por motivos de espazo, recollemos só algunhas palabras adicadas a súa figura e a nosa familia, pero agradecemos fondamente todas e cada unha delas:

“Chora a gaita e chora Galicia por un dos seus bos e xenerosos”. Daniel Rodríguez.

“Fillo desta terra nosa, creador de tantas gaitas espalladas polo mundo que sen dúbida soarán estremecidas cun ronco son ao coñecer a noticia, pero tamén cun fino e suave son ao lembrar a este galego enteiro e universal”. Ateneo Ferrolán.

“Sen dubida algunha o mundo da artesanía musical en xeral perde a un pioneiro, a un revolucionario que, dende as virutas extraídas dos buxos no seu torno, deulle outro significado ao oficio de artesán”. Xaime Rivas.

“Seivane é un anticipo da Galicia que soñamos”. Xesús Ferro Ruibal.

“Un home que adicou a súa vida a investigar, inventar, crear, ensinar e sobre todo transmitir, a súa familia e logo a todos nós, o valor da nosa cultura e a nosa música”. Pedro Alberto Padín.

“Das personas que aportaron o seu gran de area para facer país, sempre para mellorar o ben común”. Pablo Quintana.

“Traballou para que o noso pobo medrase en cultura e identidade”. Alfonso Blanco.

“Seivane foi e seguirá sendo unha referencia para todos os que sabemos onde están as raíces da música tradicional e como é de verdade unha gaita galega: sinxela, humilde, verdadeira, pacífica, agarimosa, traballadora, xenerosa, discreta… coma el. Os gaiteiros deste país nunca daremos feito dabondo para agradecer á familia Seivane a súa aportación á cultura da gaita”. Xaime Estévez.

“Sempre tiven a sensación de que era un home sabio, entrañable e moi humano, por riba de épocas, estilos e ideoloxías”. Carlos Núñez.

“Era un home que se converteu nunha lenda en vida e era certamente merecedor da fama que tiña”. Antón Santamarina.

“De quen aprendín ensinos inesquecibles respecto do traballo ben feito e do respecto en positivo pola nosa cultura”. Xoan Antón Pérez-Lema.

“Só falei con el unha vez e chegoume para decatarme da súa sabiduría, bo humor e amor á música e a Galicia”. Ramón Villares.

“Meu grande amigo, a miña vida quedará sempre ligada a ti e a gaita que me construíches quedará como ponte de unión para sempre”. Enrique Otero.

“Gracias, mestre, por cambiar coa música a historia de Galicia”. Xurxo Souto.

“Para a historia quedará grabado como unha das personas que máis fixo para que a gaita sexa o instrumento tan marabilloso que actualmente é”. José Antonio Gegúndez.

“Sempre ecoará a súa gaita grileira”. Mero e A Quenlla.

“A súa figura permanecerá sempre entre todos os amantes da música tradicional galega e da nosa cultura como o precursor do desenvolvemento da gaita galega”. Anxo M. Lorenzo.

“A súa obra quedará para sempre unida á cultura de Galicia”. Olegario Sotelo.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es