Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Noticias
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
O obradoiro na feira do comercio e artesanía de Cambre

22 de xuño 2012

O Obradoiro de Gaitas Seivane, como ven sendo habitual dende que comezara a feira, apoiou coa súa presenza este evento de referencia na área metropolitana, que pretende promover o comercio local e dinamizar as actividades da vila durante uns días.

A feira recibiu a visita de moitos asistentes interesados na oferta comercial ofrecida nas máis de 40 casetas de diversos sectores onde a artesanía ocupou un lugar destacado.

Entre as novidades desta edición destacou a exposición itinerante do primeiro embotellado da Coca-Cola en Galicia, emBOTELLArte, que recolle a visión de diferentes artesáns, na que o obradoiro construiu unha gaita especialmente deseñada para a ocasión.


« volver ao índice de noticias
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es