Inicio

As Nosas Gaitas > Complementos
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Fabricación

Modelos

Complementos

Seipal

Garantía Seivane

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
O Obradoiro de Gaitas Seivane, pon á súa disposición unha serie de complementos para o transporte, protección, mantemento ou mellora da súa gaita, cuxa información detallada lle ofrecemos a continuación.

Estoxo Acolchado

Elegante estoxo deseñado especialmente para gardar no seu interior e protexer calquera das nosas gaitas. Dispón de dous petos para conter accesorios.

 ampliar foto


Estoxo Ríxido

Estoxo para transportar e protexer eficazmente a súa gaita. Ten varios petos para accesorios, partituras, etc. Pode levarse de catro maneiras distintas, grazas ás distintas asas (mesmo de mochila).

 ampliar foto


Estoxo para Punteiro

Práctico estoxo acolchado e en cor negra. Está deseñado á medida para gardar e protexer o seu punteiro. Dispón dunha asa e o peche é de cremalleira.

 ampliar foto

Fol de Gore-Tex®

Fol en tecido microporoso transpirable (a humidade que se condensa no seu interior tende a saír polos poros polo fenómeno de osmose). Non necesita mantemento.

 ampliar foto


Boquilla Punteiro en Buxo

Esta peza serve como protector da palleta e permite, á súa vez, tocar directamente co punteiro. A nosa boquilla está elaborada coa tradicional madeira de buxo.

 ampliar foto


Conxunto de tonalidade

Con este conxunto ofrecemos a posibilidade de cambiar o ton da súa gaita sen necesidade de adquirir unha segunda. O conxunto completo está composto por un punteiro, un terzo de ronco e unha copa de ronqueta especial.

 ampliar foto

Pode adquirir calquera dos nosos produtos a través de Internet accedendo á nosa tenda on-line.
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel/Fax: (+34) 981 676 656 • Email: obradoiro@seivane.es

© Seivane - Todos os dereitos reservados