Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

As Nosas Gaitas » Garantía Seivane
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Construción

Modelos

Complementos

Seipal

Garantía Seivane

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
Unha coidada selección de madeiras e outros materiais que os compoñen, así como a pericia e experiencia dos artesáns que os elaboran, permiten que os instrumentos do Obradoiro de Gaitas Seivane lle poidan ofrecer ao usuario a seguridade de que ten nas súas mans un produto da máis alta calidade.

•   O Obradoiro de Gaitas Seivane garante, por un período de dous anos, todos os seus instrumentos contra calquera defecto de elaboración ou vicio oculto nos seus compoñentes.

Esta garantía enténdese a partir da data de compra, nun uso normal do instrumento e non cobre roturas ou danos causados por maltrato, descoido ou falta de mantemento deste.

Queda expresamente excluído desta garantía calquera instrumento que fose retocado, manipulado ou mecanizado, interior ou exteriormente, por persoal non autorizado ou fóra das instalacións do Obradoiro de Gaitas Seivane.

A garantía non contempla os compoñentes considerados consumibles como palletas, lubrificantes ou produtos de limpeza subministrados, agás os pallóns Seipal, que gozan de todos os seus beneficios.

O Obradoiro de Gaitas Seivane responderá, no seu caso, desta garantía nas súas propias instalacións, reparando gratuitamente o instrumento afectado ou substituíndoo por outro equivalente se fose necesario.

O Obradoiro de Gaitas Seivane resérvase o dereito a prestar ou non servizo técnico ou de mantemento, mesmo fóra de garantía, a aqueles instrumentos que fosen manipulados con malicia ou mala intención.
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es