Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Obradoiro » Instalacións
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Persoas

Instalacións

Premios

Testemuños

Selos e Marcas

As Nosas Gaitas

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
O Taller


É a parte máis visible do obradoiro na que se levan a cabo todas as operacións a partir de que a madeira entra no almacén de repouso, ao que está directamente ligado. É como a cociña dunha casa tradicional: todo xira ao seu redor.

No taller fanse os cilindrados, tradeados, desbastados, escareados, anelados, pulidos e vernizados. Así mesmo, nel elabóranse, modifícanse e mantéñense as ferramentas propias da construción de gaitas. Os escareadores son, entre elas, as máis delicadas e específicas. O seu mantemento é custoso e continuo e pódese dicir que son as que lles dan a alma aos punteiros, pois utilízanse para realizar os calibres e acabados internos.

Na sección de anelas metálicas, inclúese o corte das pranchas de alpaca, prata ou latón, a súa soldadura e o seu axuste sobre as distintas pezas da gaita. A talla sobre madeira, o atado de buxas ao fol e a colocación de cortizas son tamén tarefas que se levan a cabo no taller, así como as probas sobre todo tipo de materiais e prototipos na busca constante da mellora dos nosos instrumentos.

« sección anterior      sección seguinte » volver ao índice de instalacións
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es