Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Obradoiro » Instalacións
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Persoas

Instalacións

Premios

Testemuños

Selos e Marcas

As Nosas Gaitas

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
Oficina Técnica


Os perfís sobrios e propios das nosas gaitas nacen en taboleiros de debuxo e son logo dixitalizados e tratados para conseguir a pureza de liñas e harmonía que os caracterizan. Aquí créanse os motivos das nosas tallas, os deseños dos vestidos e todo aquilo que ten que ver coa estética inconfundible dos nosos produtos.

Ademais destas funcións específicas de deseño, atópase tamén nesta oficina unha fresa–gravadora de control numérico con todos os seus accesorios que, á parte de realizar tallas artísticas, tanto en anelas metálicas coma en madeira, marca as pezas co logotipo Seivane. Con esta mesma máquina–ferramenta, sitúanse nos punteiros os puntos onde irán os trades das distintas notas e grávanse o ano de construción e a letra que identifica a súa tonalidade de afinación.

« sección anterior      sección seguinte » volver ao índice de instalacións
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es