Hai que destacar o atractivo paisaxístico da zona. Poden visitarse interesantes vestixios celtas que se conservan no museo de Cambre e varias edificacións dos antigos poboadores desta terra.
A escasos metros do obradoiro atópase a fraga de Cecebre, lugar que elixiu Wenceslao Fernández Flórez para ambientar a novela, que despois se convertería en película, El bosque animado. Moi preto, pódese admirar o encoro de Cecebre e os ríos Mero e Barcés, dous ecosistemas únicos e de gran beleza. |