Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Obradoiro » Selos e Marcas
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Persoas

Instalacións

Premios

Testemuños

Selos e Marcas

As Nosas Gaitas

Tenda

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
Ao longo da súa historia, o Obradoiro de Gaitas Seivane utilizou diversos selos e marcas para identificar as súas gaitas.

Estes foron evolucionando cos tempos, aproveitando as innovacións técnicas e adaptándose aos gustos estéticos:

de 1958 a 1960

Ata esta data non se selaban as gaitas Seivane. Este selo está feito coas letras dunha máquina de escribir. Todas as gaitas con este selo no punteiro saíron do obradoiro de Ribeira de Piquín. Dende 1958 absolutamente todas as gaitas Seivane levan o selo.

de 1960 a 1970

Con este selo dáse un paso no obradoiro, ao utilizar un cuño compacto para selar as gaitas, no que se podía ler, ademais da marca, Ribeira de Piquín (concello).

de 1970 a 1975

A este selo engádeselle Lugo (provincia), para que se poida identificar máis doadamente a procedencia xeográfica das gaitas.

Selo dobre

Este punteiro leva dous selos porque algúns gaiteiros volvían ao taller a selar as gaitas anteriores.

de 1975 a 1977

Faise este selo, un pouco máis grande, para intentar evitar o problema de taponamento entre as letras, sobre todo ao gravar o granadillo.

de 1977 a 1980

Probando estética, decídese utilizar este selo sen o aro exterior.



de 1980 a 1986

Para mellorar a calidade do selado, encargouse un cuño con forma curva, que se adaptaba mellor á forma redonda das pezas das gaitas.
Como as gaitas teñen distintas curvas houbo que utilizar ao mesmo tempo outro cuño plano.

de 1986 a 1990

Este selo corresponde ao momento en que Álvaro regresa de Barcelona, a Cambre, e decídese utilizar unicamente a marca Seivane, para non diferenciar as gaitas que saían de Ribeira de Piquín das de Cambre.

de 1990 a 1992

Polos problemas de gravado, sobre todo no granadillo, decídese sacar o reberete exterior do aro.

de 1992 a 1993

Deseñouse este selo para intentar evitar o eterno problema do taponamento entre letras.

de 1993 a 1995

Como o anterior selo parecía frío, mecánico e moi industrial, decídese volver aos deseños anteriores.

de 1995 a 2002

Coincidindo coa unificación dos dous obradoiros, viuse moi conveniente seguir coa liña de deseño artesán que identificaba as gaitas Seivane.

desde 2002

Este selo ten a imaxe actual do logotipo Seivane coa S simulando o fol e o punteiro dunha gaita.
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es