Galego  |  Español  |  English  |  Français                   
Inicio

Tenda » Como Comprar
Correo Electrónico

Mapa da Web

Obradoiro

As Nosas Gaitas

Tenda

Produtos

Como Comprar

Prazos e Envío

Formas de Pagamento

Privacidade

Devolucións

Documentación

Noticias

Susana Seivane

Contactar
Desde a tenda on-line do Obradoiro de Gaitas Seivane, vostede poderá comprar os nosos produtos de unha forma segura, sinxela e rápida. A nosa web utiliza un certificado de seguridade Geotrust QuickSSL que ofrece encriptación real SSL de 128-bits.


Acceso á Tenda

Pode ir á Tenda desde calquera punto da nosa páxina web pulsando no enlace Tenda do menú situado na parte esquerda da páxina.

Tamén pode acceder desde outros apartados da páxina pulsando o botón acceder á tenda:

As Nosas Gaitas
As Nosas Gaitas » Modelos
As Nosas Gaitas » Complementos
As Nosas Gaitas » Seipal

Seccións da Tenda

Una vez teña accedido á nosa Tenda, poderá ver que está dividida en 3 seccións:

Gaitas: Desde onde vostede poderá configurar o instrumento ao seu propio gusto, ver o resultado final da súa elección e coñecer o seu prezo.

Complementos: Onde lle ofrecemos unha serie de accesorios para a súa gaita: estoxo ríxido, estoxo para punteiro, fol de Gore-Tex®, boquilla para punteiro e kits de tonalidade (tamén configurables), etc.

Seipal: Desde onde poderá adquirir o noso Pallón Seipal Sintético nas súas diferentes tonalidades.

Engadir producto á compra

Para comprar calquera dos nosos complementos ou pallóns Seipal, pulse o botón comprar.

Pode configurar as gaitas e os kits de tonalidade siguiendo 10 pasos que, en todo momento, iránselle indicando na pantalla:

1. Tonalidade
2. Madeira
3. Elementos sonoros    
4. Clase de anelado
5. Tipo de anelado
6. Gravado do anelado
7. Clase de funda
8. Tipo de funda
9. Personalización
10. Estatura

Cada vez que vostede pulsa el botón comprar asociado a un produto, engádese 1 unidade ao seu carro da compra e móstrase unha pantalla co detalle dos produtos que vostede leva acumulados ata ese momento.

•  Para modificar a cantidade de unidades que dexea comprar de un produto determinado, introduza o número desexado na casiña correspondente, e pulse o botón actualizar. O total parcial calcúlase de forma automática.

Para seguir comprando, pulse o botón volver a produtos.

Se desexa dar de baixa algún dos produtos engadidos ó seu carro, pulse o botón eliminar asociado al produto.

Realizar Pedido

Cando teña incorporados ao carro tódolos produtos que desexa comprar, pulse o botón realizar pedido. Accederá á pantalla de Datos onde debe introducir a información precisa para que poidamos mandarlle o seu pedido.

1.  Introduza os seus datos de facturación e datos de envío.

2. Seleccione a forma de envío:

• Correos
• Recoller no taller
• UPS/SEUR

3. Seleccione a forma de pago:

• Tarxeta de crédito (Visa e MasterCard)
• Transferencia bancaria

Pulse o botón ver pedido. Aparecerá unha nova pantalla cos datos do pedido:

• Datos de Facturación
• Datos de Envío
• Nº de Pedido
• Forma de Envío
• Forma de Pago
• Detalle dos produtos incluídos no seu pedido.

Revise estes datos e comprobe que son correctos. Se observa algún erro, pulse o botón corrixir datos que o levará á pantalla anterior para corrixilo.

Formalizar Compra

Una vez teña comprobado que tódolos datos son correctos, pode imprimir o seu pedido pulsando o botón imprimir e, finalmente, cursalo pulsando o botón formalizar compra.

A continuación entrará na páxina de confirmación de pedido, onde aparecerá o número de referencia do seu pedido e un botón que lle permitirá imprimilo.

1.  En caso de ter elixido Transferencia Bancaria como forma de pago, mostraráselle o seguinte texto:

Vostede elixiu, como forma de pago, a Transferencia Bancaria, recibirá un correo electrónico co detalle dos artigos incluídos no seu pedido, o importe total do mesmo e o número da conta bancaria á que debe realizar a transferencia.

Opción A

Se o seu pedido inclúe unha ou máis Gaitas ou un ou máis Kits de Tonalidade, deberá transferir, a modo de pago a conta, un 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente ós 90 días, prazo que pode incrementarse en momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro, comunicarémoslle a finalización do proceso de elaboración para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación seralle enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido.

Se vostede o desexa, pode realizar unha soa transferencia previa polo total do importe co que aforrará tempo e gastos bancarios.

Opción B

Se o seu pedido non inclúe nin Gaitas nin Kits de Tonalidade, vostede deberá transferir o importe total.

Para calquera dúbida ou consulta pode poñerse en contacto con nós no teléfon no enviándonos un correo electrónico:

· Tel: (+34) 981 676 656
  
9:00 a 13:30 y 15:30 a 19:00 de luns a venres
  9:00 a 13:30 sábados

· Correo electrónico: obradoiro@seivane.es

2.  En caso de ter elixido a Tarxeta de Crédito como forma de pago, mostraráselle o seguinte texto:

Vostede elexiu como forma de pago a Tarxeta de Crédito. Por favor, proceda a realizar o pagamento a través da Pasarela de Pagamento del BBVA.

Recibirá un correo electrónico ca confirmación e detalle do seu pedido.

Opción A

Se o seu pedido inclúe unha ou máis gaitas ou un ou más kits de Tonalidade, cargaráselle, a modo de pago a conta, o 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente ós 90 días, prazo que pode incrementarse e momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro, comunicarémoslle a finalización do proceso de elaboración para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación seralle enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido.

Opción B

Se o seu pedido non inclúe nin gaitas nin kits de Tonalidade, teráselle cargado na súa conta o importe total e o seu pedido será enviado nos próximos días.

Para calquera dúbida ou consulta pode poñerse en contacto con nós no teléfon no enviándonos un correo electrónico:

· Tel: (+34) 981 676 656
  
9:00 a 13:30 y 15:30 a 19:00 de luns a venres
  9:00 a 13:30 sábados

· Correo electrónico: obradoiro@seivane.es

Para proceder ao pagamento por Tarxeta de Crédito pulse el botón continuar, accederá a e-activa, a pasarela de pago en Internet del BBVA (www.bbva.com), onde debe introducir los datos da súa tarxeta de crédito:

•  Número d tarxeta
CVV2/CVC2: (el CVV2/CVC2 é o código de tres díxitos impreso na parte traseira da tarxeta Visa (CVV2) o MasterCard (CVC2).
Fecha de caducidade
Correo electrónico: (se o desexa, pode introducir o seu enderezo de correo electrónico onde recibirá unha mensaxe del BBVA ca confirmación de pago).

Cando teña introducido todos os datos, pulse o botón Enviar.

Se os datos da súa tarxeta son correctos e a operación é aprobada, BBVA mostraralle unha pantalla na que lle indica:

• Nome do Comercio
• Nº do Pedido
• Importe cargado na súa tarxeta
• Estado Operación
• Código Operación

Pulse o botón Aceptar. Nosa páxina de confirmación indicaralle se o pagamento por Tarxeta do seu pedido realizouse satisfactoriamente.
Obradoiro de Gaitas Seivane
Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España
Tel: (+34) 981 676 656 - Email: obradoiro@seivane.es