|
|
Para a súa comodidade, a tenda on-line do Obradoiro de Gaitas Seivane, S.L. ofrécelle dúas formas de pago: Transferencia bancaria e Tarxeta de crédito. Transferencia Bancaria
Se elixiu como forma de pago a Transferencia Bancaria, recibirá un correo electrónico co detalle e importe total do pedido, así como o número da nosa conta bancaria á que debe transferilo.
Opción A
Se o seu pedido inclúe unha ou máis Gaitas ou un ou máis Kits de Tonalidade, deberá transferir, a modo de pago a conta, un 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente ós 90 días, prazo que pode incrementarse en momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro, comunicarémoslle a finalización do proceso de fabricación para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación seralle enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido. Se vostede o desexa, pode realizar unha soa transferencia previa polo total do importe co que aforrará tempo e gastos bancarios. Opción B Se o seu pedido non inclúe nin gaitas nin kits de Tonalidade, vostede deberá transferir o importe total. Tarxeta de Crédito
O pago mediante tarxeta de crédito realizase a través de e-activa, a Pasarela de Pago de Caixa Galicia que admite tarxetas Visa, Mastercard e Caixa Galicia.
Remitirémoslle un correo electrónico ca confirmación e detalle do seu pedido.
Opción A
Se o seu pedido inclúe unha ou máis gaitas ou un ou más kits de Tonalidade, cargaráselle, a modo de pago a conta, o 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente ós 90 días, prazo que pode incrementarse e momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro, comunicarémoslle a finalización do proceso de fabricación para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación seralle enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido. Opción B Se o seu pedido non inclúe nin gaitas nin kits de Tonalidade, cargarase na súa conta o importe total e o seu pedido será expedido nos próximos días. Certificado de Seguridade
Puode atopar máis información acerca dos certificados de seguridade Geotrust na súa páxina web: www.geotrusteurope.com/es/index.htm Os enderezos das páxinas protexidas con certificados de seguridade empezan con https:// e móstrase un pequeno candado cerrado na ventá do navegador. Facendo clic nel mostrase una ventá con toda a información sobre o certificado de seguridade. |
![]() |
|
Obradoiro de Gaitas Seivane Volteiro, 1-B - 15650 CECEBRE - CAMBRE - A Coruña - España Tel/Fax: (+34) 981 676 656 • Email: obradoiro@seivane.es |
|