|
|
|
|
En cumprimento da Lei de Ordenación do Comercio Minorista 47/2002, Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. aceptará a devolución dos seus produtos cas seguintes condicións:
Condicións
| • |
A devolución notificarase por correo electrónico ao enderezo obradoiro@seivane.es, ou por teléfono ao (+34) 981 676 656 nos 7 días hábiles seguintes á recepción do produto.
|
| • |
O produto será devolto no seu envase e embalaxe orixinal acompañado de todos os seus compoñentes e accesorios, e de unha copia da factura de compra. Os produtos incompletos o danados non serán admitidos.
|
| • |
O cliente correrá cos gastos de devolución do produto hasta a nosa sede social.
|
| • |
O custe do produto (unha vez descontado o importe do transporte do primeiro envío) seralle devolto ó cliente no prazo máximo de 30 días hábiles a contar desde a súa recepción na nosa sede social.
|
| • |
Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. non aceptará a devolución de gaitas ou kits de tonalidade por fabricarse baixo as especificacións do cliente.
O Artigo 45 apartado b) da Lei de Comercio Minorista 47/2002 establece:
Artgo 45. Excepcións ó dereito de desistimento.
Salvo pacto en contrario, o disposto no artigo anterior non será aplicable ós seguintes contratos:
b) Contratos de subministro de bens confeccionados conforme á especificacións do consumidor ou claramente personalizados, ou que, pola súa natureza, non poidan ser devoltos ou poidan deteriorarse ou caducar con rapidez. |
|
|
Garantía Seivane
Tanto as gaitas como os kits de tonalidade están protexidos pola Garantía Seivane:
 |
Unha coidada selección de madeiras e outros materiais que os compoñen, así como a pericia e experiencia dos artesáns que os fabrican, permiten que os instrumentos do Obradoiro de Gaitas Seivane lle poidan ofrecer ao usuario a seguridade de que ten nas súas mans un produto da máis alta calidade. |
| • |
O Obradoiro de Gaitas Seivane garante, por un período de dous anos, todos os seus instrumentos contra calquera defecto de fabricación ou vicio oculto nos seus compoñentes.
|
| • |
Esta garantía enténdese a partir da data de compra, nun uso normal do instrumento e non cobre roturas ou danos causados por maltrato, descoido ou falta de mantemento deste.
|
| • |
Queda expresamente excluído desta garantía calquera instrumento que fose retocado, manipulado ou mecanizado, interior ou exteriormente, por persoal non autorizado ou fóra das instalacións do Obradoiro de Gaitas Seivane.
|
| • |
A garantía non contempla os compoñentes considerados consumibles como palletas, lubrificantes ou produtos de limpeza subministrados, agás os pallóns Seipal, que gozan de todos os seus beneficios.
|
| • |
O Obradoiro de Gaitas Seivane responderá, no seu caso, desta garantía nas súas propias instalacións, reparando gratuitamente o instrumento afectado ou substituíndoo por outro equivalente se fose necesario.
|
| • |
O Obradoiro de Gaitas Seivane resérvase o dereito a prestar ou non servizo técnico ou de mantemento, mesmo fóra de garantía, a aqueles instrumentos que fosen manipulados con malicia ou mala intención. |
|
|
|
|